XVI MOSTRA DE CURTAMETRAXES DO ATENEO FERROLÁN. 19, 20 e 21 de decembro.


Participa e Difunde!
XVI MOSTRA DE CURTAMETRAXES DO ATENEO FERROLÁN

A celebrar os días 19, 20 e 21 de decembro de 2016 na sede do Ateneo Ferrolán.

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 15 minutos de duración en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 1 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Os días 19, 20 e 21 de decembro de 2016 levarase a cabo a XVI MOSTRA DE CURTAMETRAXES DO ATENEO FERROLÁN en colaboración, por primeira vez, co Concello de Ferrol.


As mostras comezaron no ano 2001 con grande interese do público en xeral. Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes quince anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Bases:


0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails