Faite soci@ do Ateneo. Patrimonio da Cidade!


Tes dous minutos? 

Asóciate ao Ateneo Ferrolán

Polos que foron, polos que son, e polos que serán: Faite Soci​@!


OPCIÓN 1

Descarga o seguinte formulario, imprímeo e encheo cos teus
datos. Despois, fainolo chegar a nosa sede, ben en persoa 
ou por correo ordinario a:

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402-Ferrol




OPCIÓN 2

Envíanos un email con todos os datos do seguinte 
formulario a secretaria@ateneoferrolan.org

Datos precisos para asociarse ao Ateneo Ferrolán:

  • Nome e apelidos:
  • DNI:
  • Enderezo:
  • Poboación:
  • Código Postal:
  • Provincia:
  • Teléfono:
  • Correo electrónico:
  • Data de nacemento:
  • Profesión:
  • Entidade bancaria:
  • Número de conta IBAN:
  • Tipo de cota: cota reducida (4’75 €/mes) ou cota normal (9,50 €/mes)





--------------------------------------------------------------------------



Colabora con nós! ASOCIATE!
Pola cultura libre e participativa

Os socios e socias constitúen a base social do Ateneo sendo a canle de participación da cidadanía no Ateneo. A súa presenza dálle á entidade pluralidade, independencia e fortaleza e contribúe activamente ao seu dinamismo e eficiacia.

Necesitamos reforzar á entidade como institución de toda a sociedade como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo. 

Sermos máis socios e socias é facer do Ateneo Ferrolán o "noso" ateneo.

Sendo soci@ do Ateneo Ferrolán accederás ao servizo de préstamo da nosa Biblioteca-Hemeroteca, da nosa Filmoteca, ao Caderno bianual, a recibir información de todas as nosas actividades: cine, exposicións permanentes, charlas, música en directo (desconto aos soci@s), conferencias, curtametraxes, movementos sociais, club de lectura, concursos e certames propios ......

 

Facéndote socio - socia 
colaboras da mellor forma posible co noso proxecto cultural.





Ateneo Ferrolán "Un lugar de encontro para a cultura" 
dende 1879 Patrimonio da Cidade


--------------------------------------------------------------------------


4 comentarios :

Amalia dixo...

Buenos días,

La cuota es mensual, imagino, no?
Quizás vendría bien que publicárais en la información del facebook cómo hacerse socio.

Gracias,

ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) dixo...

Desculpas. Agora está un pouco mellor explicado. A cota é mensual.
Grazas pola atención.

Susana Rodriguez dixo...

Bó día, non atopo canto é a cota mensual, indicasme canto é? Grazas

ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) dixo...

Bo día!

Está na info dos tripticos.
A cota mensual é de 9,50 € e hai a opción de cota reducida por varios conceptos:
Ser menor de 26 anos, ser maior de 65 anos, estar desempregadoou ter máis familiares asociad@s xa ao Ateneo.
Entón a cota sería de 4,75 € mensuais

Recibe un cordial saúdo.

Related Posts with Thumbnails